La Revista

Os disparos da moda

La Revista

LO VEO

Os disparos da moda

FF_result
photo_camera Xoán Piñón.

O fotógrafo coruñés Xoán Piñón leva preto de 30 anos fotografiando moda en Galicia. Testemuña da evolución dos tempos, da tecnoloxía e da sociedade, continúa traballando para retratar a beleza e plasmar en imaxe as historias cosidas polos deseñadores

Cal é a túa historia coa fotografía e a moda?

Comecei sobre o 1977 a estudar fotografía porque vin que o que estudara antes non era a miña vocación. Ata o ano 1982, máis ou menos, dediqueime á fotografía de autor e, a partir de aí, entrei dun xeito máis profesional cando sentín que xa estaba preparado. Daquela, a revista Galicia de Moda estaba comezando tamén e necesitaban fotógrafos que fixeran moda. Dende entón estiven traballando neste campo, aínda que neste momento non tanto como noutras épocas. Pero é un tipo de fotografía moi creativa que sempre me gustou moito. 

Quizais sexa un tipo de fotografía que adoitamos asociar con núcleos urbanos máis grandes. como é ser fotógrafo de moda en galicia?

Para falar de ser fotógrafo de moda en Galicia habería que referirse tamén a unha época. Actualmente as grandes multinacionais da moda teñen copado o mercado. Antes había unha morea de pequenas fábricas que facían moda con pequenos talleres de traballadores e tiñan unha boa posición en España, que escoitaba e miraba todo o que se facía en Galicia. Co tempo moitas foron pechando e houbo unha transición na fotografía á que nos tivemos que adaptar os que levabamos xa unha ducia de anos traballando. Hoxe parece que hai unha volta a cousas especiais e distintas ás das grandes marcas de roupa barata e consumo rápido. Sen facer paralelismos con outras épocas, penso que a roupa debería durar máis. Non debería ser un obxecto de consumo como a alimentación, senón ecoloxicamente máis sostible e ter unha entidade en Galicia. Iso está ocorrendo agora co inicio dunha nova etapa que pasa moito por internet. Todo o traballo de catálogos impresos agora estase facendo en medios dixitais e venta online. Nós tamén facemos ese traballo de direccionalidade en función do sector ó que se dirixe. Non se poden facer fotos cun teléfono dunha colección de roupa e iso estaba pasando nos últimos anos. Agora a xente estase dando conta que para facer unha fotografía creativa que comunique tes que coñecer certos parámetros. Non é o mesmo facer vestidos de noiva que roupa casual. É algo moi cambiante e reflexo da sociedade. O cambio social poderíase contar tamén pola moda e a fotografía de moda. 

Este cambio obriga a acelerar os ritmos de producción?

Sí, tamén. A producción non ten nada que ver co que facíamos antes. Hai uns poucos anos pedíanche que fixeras moitas fotos moi rápidas e a un prezo moi baixo. Eu agora noto un certo cambio de novo cara á calidade. A xente non quere moitas fotos, senón fotos boas. Tanto en moda como en calquera outro tipo de fotografía o tempo é fundamental e estou notando unha certa volta a como facíamos antes as cousas. E paréceme ben porque o consumo desmesurado non acababa de velo. 

Inflúe a sobresaturación de imaxes nas redes sociais a ese cambio?

Abstolutamente, redes como Facebook ou Instagram, sobre todo. Tamén é un pouco extraño e están un pouco mercantilizadas porque non depende tanto da calidade do teu traballo senón de como te sitúes nesa rede social. A min é un tema que me preocupa e me disgusta porque vexo imaxes moi mediocres con centos de miles de seguidores e imaxes marabillosas con 50 likes. Paréceme un pouco inxusto. Pero penso que as cousas se van poñendo no seu sitio. Eu non teño esa necesidade de ter centos de miles de seguidores en ningunha rede social, senón que intento facer as cousas ben cun bo equipo e traballar con creatividade, investigando novos campos de expresión. Son un apaixoado das novas tecnoloxías e de todo o que se poida aportar. Cando eu comecei traballabamos en branco e negro, revelábamos as fotos... agora mirocara  atrás e paréceme o pleistoceno da fotografía. O dixital para min foi unha gran liberación. 

Cada fotógrafo ten o seu estilo. como definirías o teu?

Pois non o sei. A xente di que recoñece as miñas fotos pero eu non acabo de saber por que. Penso que a fotografía, como tódalas cousas, é unha especie de prolongación  da túa personalidade, creatividade, da túa maneira de ver o mundo, e iso refléxase dalgún xeito nas túas imaxes. Pero non sabería como definir o meu estilo.

E como referentes?

Diría que os de todo o mundo. As imaxes de Richard Avedon ou David Lachapelle. Pero tampouco son eu moito de seguir certos estilos, prefiro experimentar e improvisar. O mellor de cada sesión é o imprevisto. É unha especie de tema alquímico dun momento único que xorde dun grupo de xente: modelo, roupa, maquillaxe, cámaras... 

Te puede interesar
Más en La Revista

La Revista

Ocho vinos que llegan de las IGP gallegas

Monovarietales, polivarietales, blancos, tintos, rosados... incluso un vino dulce. Galicia cuenta con cinco indicaciones geográficas protegidas de…