La Revista

Que siga a festa

La Revista

Rabo de nube

Que siga a festa

Entre centos de músicos, concertos, encontros, festivais ou iniciativas, a presenza militante de Francisco Pena Villar,  Xico de  Carinho, é unha constante desde os anos 60.  Xico é unha personalidade singular

Eu non sei se o folc segue a ser o que fora, aquela fogueteirada que estalara a eito nos anos da Santa Transición. Cada vez máis santa se temos en conta a decadencia da clase política deste sufrido país, pola banda de Laíño, pola banda de Lestrove.  De que os tempos teñen mudado dá proba a invisibilidade dun grupo tan mítico como Milladoiro, cun son que chegaba de Compostela a Sidney pasando por Nova York. Falo, desde logo, de grupos e intérpretes dun folc, poñamos, vernizado. Que o vello, o dos “cuartetos rexionais”, bandas de gaita, cantareiras e todo iso por aí segue. Mais demostrando que o neo-folc non termina de morrer, el mesmo protagonista daqueles aires novos que a morte do dictador nos trouxera, volve Xico de  Carinho cun libro-disco espléndido que se chama “Na harmónica”.

E é que este home, xa con moitas pencas (penas, tamén, supónse) ao lombo, pertence a aqueles anos nos que “o saxofón do pobre” dera moito xogo en programas televisivos, concursos radiofónicos e botalle fío ao papaventos da música popular. O mesmiño que Bob Dylan, quen comezara como acompañante, á harmónica, de cantantes recoñecidos, como Belafonte ou Victoria Spivey. Dylan incorporaría axiña a guitarra. Xico de Carinho fixo o propio con máis instrumentos como proba este libro-disco maxistral que me acompaña nos días de comezo de ano. Moito este Xico, que desde pronunciamentos galegos, lusos, brasileiros (el mesmo, no seu momento, acompañante do gran Geraldo Vandré) brinda catorce brindes ao sol de Cangas (o seu concello, copartícipe no resultante coa Central Folque) nun volume sobranceiro. Que dá moito xogo, a partir dos arranxos de Jorge Sarraute, e dos textos que no libro acompañan e dan pé ou pábulo ás ilustracións musicais. Todas boas, todas diversas. Desde o senso multidisciplinar que Xico de Carinho posúe. 

Entrevistado para o caso por Xan Carballeira. A nos explicar o seu longo periplo, percorrido extenso, ás veces tamén tenso, que fixo sempre na compaña dunha batería de harmónicas. “O saxo do pobre”, e por certo que Xico de Carinho, pintureiro el, é quen tamén de tocalo. Para que a festa non decaía. Con xente así de incombustible non semella cousa doada. Parabéns, Xico de Carinho. Moi grande.

Más en La Revista

La Revista

“Aves de presa”

La presencia de Margot Robbie es lo único relevante de una cinta que se obceca en un mensaje de empoderamiento femenino que no aporta nada al…