LITERATURA

Saudades de Vilanova

O libro de Manuel Vilanova é unha recapitulación existencial e, por tanto, un axuste de contas co vivido. Trátase de darlle un repaso ao relato do camiño, iso que, normalmente, atinxe o nome de autobiografía.

Teño dito, por activo e pasiva, que poucos poetas como o ourensán (nado en Barbantes, escolarizado en Ourense) Manuel Vilanova. Autético poeta “de culto”, verdadeiro “influencer” en –ao menos- dúas xeracións poéticas galegas. Vilanova, consciente da súa categoría, entre tanta anécdota como flúe polo río da nosa poesía, sorría con retranca cando lle dicíamos como era que certas escolmas ao uso non o tivesen en conta. Se cadra porque Manuel Vilanova, home, polo demais, de crenzas relixiosas que non agachaba, sabía que o seu reino non era deste mundo. No interin facía medrar una poética, en español e galego, moi acusadamente no noso idioma nos derradeiros anos. E e que Vilanova sabía que os sus días estaban contados e por iso o seu grande interese en que o libro que teño agora nas miñas mans dese saído axiña.

Desgrazadamente a morte levouno por diante cando “74 saudades para ascender aos ceos” estaba xa no prelo. En versión bilingüe que eu tivera a honra de poñer en español, literalmente porque o poeta non estaba xa en condicions de axeitar o delicado mester de trasladar ao castelán estes versos galegos. Caudalosos, como foran a vida e o sentimento do poeta de Barbantes. Quen neste libro, e quen o lea non me deixará mentir, xa non é que autopoetizara a súa propia elexía senòn con ela a do seu tempo ourensán, infancia e adolescencia. E de paso escribe un deses grandes libros de Ourense. En poesía, se cadra, o máis grande. Para fixar e balizar en termos poéticos a cidade de Otero, Risco, Cuevillas, Blanco Amor, Casares e “tutti quanti”  deron boa conta, literaria e humana, do que se dera en chamar a “Atenas de Galicia”, E agora ven o Vilanova, terra leviá para el, desde o 5 de marzo de 2019, no camposanto de Barrantes, por el cantado neste libro. Nun poema que xa non é que teña moito de premonición, que tamén, senón que sinala que o poeta verdadeiro ten moito de profeta (e non soamente de mansaxeiro dos deuses, se cadra, no caso Vilanova, de Deus).

Un libro tan fermoso tiña de levar un prólogo igualmente axeitado. De Manuel Forcadela, amigo persoalísimo de Vilanova. Un home lúcido que abre as portas dun libro tan ourensán cal o seu autor. Un poeta sen o cal será menos doado ollar Ourense. Pasen e vexan.

Te puede interesar