Sesenta anos despois

Unha reivindicación dos principios de algo que acabaría brillando por dereito propio e inspiraría a varias xeracións: o pop-rock nado en Madrid nos anos 60. Un proxecto que reúne a máis de 100 artistas

 Un mundo-borbolla dentro da dictadura, no que viñan os Beatles cantar a Las Ventas, nun teatriño de feira, e o presentador era Torrebruno e os teloneiros Los Pekenikes, que tamén están aquí, con Ignacio Martín Sequeros e Félix Arribas. Que o resultando é unha maravilla non é hipérbole miña, e para comprobalo ten o curioso espectador (hai un dvd, igualmente no resultante) un libro, ben encadernado, que ademais das palabras introductorias de Joaquín Torres insire o banquete audiovisual do que veño de escribir. Mo ibo agasallo de Nadal para os que coiden, contra José Luis de Vilallonga (¿quen o lembra?, o tempo, pura inmisericordia) que a nostalxia non é ningún erro, sobre todo cando esta vén adobiada con brillos e calidades, voces que non se perderon no camiño e, sobre todo, forza no concepto e máis no estilo.

O dvd reproduce un diálogo entre Miguel de los Santos e os dous craques que formaran o Dúo Dinámico, Ramón Arcusa e Manuel de la Calva, auténticos pioneiros de todo aquilo. Míticos autores do “La, la, la”, aquela noite en Ourense, atrancados no San Martín por mor da neve.Si.

Te puede interesar