CON TEXTO

Stefan Zweig sempre ao

Stefan_ZannSS

Escrita en 1913 e publicada por primeira vez casi unha década máis tarde, “Miedo“ é unha das novelas máis sobrecolledoras de Zweig

Resulta paradigmático o caso Stefan Zweig (Viena, 1881-Petrópolis, 1942)  para ensinarnos de cómo se pode subir ao convoi literario con billete de ida e volta e –aínda- un “bonus track” que permita facer unha viaxe extra. Ou sexa, que Zweig, tan lido nos cincuenta-sesenta desaparecera do mapa deica volver con forzas anovadas.

Nestes eidos mercé a  Acantilado que anda a reeditar (e editar) a obra enteira do autor vienés (suicida no Brasil, xunto coa súa muller, cando todo semellaba gañado para o totalitarismo do “Eixo”). Hoxe toca falar dunha reedición, a dunha “nouvelle” chea de engado, dese –non nos enganemos- que xorde da anguria transmitida pola protagonista. Unha dona casada, chamada Irene, vítima do chantaxe da presunta examante do seu amante, un humilde e igualmente anguriado pianista que para subsistir exerce de profesor particular de piano.

A anguria de Irene irá “in crescendo” mentres que a chantaxista fai medrar as súas pretensións. Ao tempo que a miñaxoia, través da ollada e máis a escrita sicolóxicas de Stefan Zweig, mide o comportamento do seu home e, con el, o dos fillos que compoñen o núcleo familiar. O que acontecerá compre deixalo a beneficio dos lectores, sen dúbida entregados, que han emocionarse e aínda conmoverse con esta adúltera, malia ela mesma. Que desesperada entra nunha farmacia mercar a morfina que debera de servirlle para facilitarle o tránsito a un alén no que non haxa chantaxistas nin aneis de capricho que sexan albo para examantes dispostas (en apariencia) a tirar proveito das alumnas de Emma Bovary, nai de todas as batallas das novelas de adulterio.  E non digo máis, que non se trata de esmiuzar historia tan estimulante que non fai senón confirmar a Stefan Zweig como un “Clásico do Secúlo XX”, tal como dicía aquela colección benemérita de libros de peto que tanto nos dera de ler nos anos aqueles en que os letraferidos deveciamos por material lector. Moitos daqueles “clásicos” (Buck, Zilahy, Van der Meersch) lá foron río (do Leteo) abaixo. Outros,  Stefan Zweig, por exemplo, aquí seguen, billete de ida e volta e “bonus track”. Ben traducido, para o caso, por Roberto Bravo de la Varga. En edición moi fermosa, como adoita, de  Acantilado.

Te puede interesar