Rabo de nube

Un libro que se deseña

luisa_resultado
Unha novela de descubrimento, de intriga e revelacións. Unha obra maridada entre a beleza das suas ilustracións, a cargo de James Ellsworth, e a atmósfera opresiva, amenazante do pulso narrativo. 

Estamos diante dun choio diferente, dunha cousa tan fermosa que permite ser optimista diante do libro convencional, do libro como obxecto (se se quere; eu, desde logo, si, refractario ás edicións electrónicas, ¡luz, máis luz!, como pedía Goethe, mais desde o papel, por favor). Temos diante un libro peculiar, ilustracións de James Ellsworth, cun título que de ningunha maneira minte, e que nos porta por un panorama ornitolóxico. Tan de paso, tan de aves de paso, por máis que o fermosísimo libro, unha regalía, téñano en conta con miras aos agasallos de Nadal, de Luisa Etxenike, autora donostarria todoterreo, novelista dramaturga, poeta, fale de “aves do paraíso”, cal o personaxe central da historia. Un vagamundo, un “clochard”, ao menos para que non saiban de que vai o conto, o leitor tampouco deica que chegue ese remate inesperadísimo cal o remontar o vóo das aves que vixían para que outras sexan vixiadas. 

E valentía quere dicir, tamén, beleza. A que dispón esta brava escritora donostiarra

Co que xa se decatará o leitor avisado da gravidade dunha novela, unha “nouvelle”, diríamos, tallada en secuencias ou planos, ou “sketches” cun aquel de prosa poética se non fose que a épica vén sendo a que paira riba desta historia aberta, tan aberta cal o percorrido das aves, de paraíso, de paso. Hai máis, hai moito máis, nesta historia de relacións paterno-filiais onde será o misterio o que vaia abrindo as fiestras para un leitor activísimo que se deixará levar pola estética dun libro, xa se dixo, cheo de beleza, por máis que entenda axiña que está diante dun tratado de ética. Ineludible cando se trata do que se trata, neste pequeno pero grande volume, que me ten enguedellado nos seus fíos como poucos últimamente, un dos grandes dramas da historia recente deste país tan duro e áspero como a súa historia. Para deseñala, para debuxala libros calo de Lucía Etxenike, de obrigada leitura e entendemento. 

Agora que os anos de chumbo ficaron ben atrás, e queiran os deuses que nunca xamais se reiteren, compre revisalos con afouteza. E valentía quere dicir, tamén, beleza. A que dispón esta brava escritora donostiarra nesta entrega, diferente, inconformista, arroutada. E algo así ten que levar incorporada Dona Literatura. ¿Se non de que? Aves del paraíso é un “must”, xa que logo.

Te puede interesar