rabo de nube

Unha vida fascinante

Tranvía_de_Lisboa_result

Fernando Osorio é un autor que merece máis dunha volta

Pouco coñecido, hai vidas tan desapercibidas, tan “sombra do aire na herba”,  como as súas mortes- senón por eruditos nas Irmandades da Fala ou no Teatro Galego,  Fernando Osorio do Campo é un autor que merece máis dunha volta. Non soamente pola súa obra, en portugués, en galego, mais pola súa vida, claro expoñente dun tempo, o que abarca os tres primeiros terzos do século pasado, tan alterados como o periplo vital deste home.

Nado en Coruña (onde habería morrer, igualmente), peneirado por Lisboa e Coimbra (seu pai era portugués), pasando pola Franza e o México onde moitos dos os republicanos españois tiveron de comer o moi acedo pan do exilio. Entre eles,  Fernando Osorio do Campo, a quen ve de recuperar Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, quen acadara co seu traballo o Premio Ricardo Carvalho Calero de Ensaio, convocado polo Concello de Ferrol, onde nacera quen nomea o certame, ilustre  ninguneado pola RAG, ano tras ano, ao designar o protagonista do Día das Letras Galegas. Mais de Osorio do Campo xa houbera noticia, no numero 33 de Grial, a cárrego o artigo de Marino Donega (outro merecente dun estudo polo miúdo, coidando na súa singularidade). Un artigo rexeitado polo propio Osorio, disconforme coa imaxe que nel se daba da súa nai, xulgada clínicamente como demente.

E o certo é que Osorio (1894-1974), algo debeu de herdar desta inestabilidade síquica, como demostra o seu intento de suicidio (en 1918, con ampollas de morfina, recollido pola prensa da época), máis os ires e vires dos seus anos derradeiros nunha evidente ciclotimia. Todo isto, no ensaio de Biscainho-Fernandes, un traballo con aquel de sicodrama e –aínda- de novela. No que vemos a forza, xestora e criativa, de quen chegara ser director do Conservatorio Nacional da Arte Galega. No só iso, compaxinándoo este e outros choios coa súa adscripción á masonaría, Osorio escribiría tamén teatro, “Desourentación”, por exemplo, nun movemento que anseiaba emular canto facían, tamén nesta materia, canto se facía en Irlanda. A guerra, que puxo a Osorio en Porto, logo en Lisboa, despois en Le Havre, para salvar a vida, deu remate a todo. Este libro exemplar pon algunhas cousas, así a Osorio do Campo no seu sitio. Parabéns.

Te puede interesar