FÚTBOL GAÉLICO

O Auriense demostra o crecemento do fútbol gaélico na cidade de Ourense

Os dous planteis do Auriense posan na foto de equipo intres antes de iniciar un dos adestramentos semanais no Campus Universitario.
photo_camera Os dous planteis do Auriense posan na foto de equipo intres antes de iniciar un dos adestramentos semanais no Campus Universitario.

Con dous conxuntos, un masculino e outro feminino, e máis de 50 federados, o clube aspira a ter unha escola deportiva no futuro.

Continuando o camiño aberto polo clube Afiadoras, fai xa dúas tempadas o Auriense representa a cidade de Ourense na competición federada autonómica de Fútbol Gaélico.
Con aproximadamente 50 xogadores divididos en dous equipos, masculino e feminino, o obxectivo do clube segundo a súa presidenta, María Álvarez é "consolidar o proxecto que agora mesmo temos e nun futuro chegar a crear unha escola deportiva na que formar a novos xogadores. Comezar a adestrar no campo de herba artificial do Campus de Ourense xa foi un enorme adianto para nós e gustaríanos seguir medrando".

Cos adestramentos marcados para os martes a partires das dez da noite e os venres as dúas da tarde, María invita a tódolos aqueles que desexen probar "a vir a adestrar con nós. Son sempre abertos e estamos dispostos a aceptar a nova xente, aínda que as veces nos nosos equipos xa temos que facer convocatoria", destaca entre sorrisos.

As ligas galegas
No aspecto deportivo, as traxectorias dos dous equipos son lixeiramente diferentes. Se o equipo feminino marcha nunha cómoda quinta plaza, o debutante masculino está sufrindo no seu debut, xa que ocupa o último lugar da clasificación pero mellora en cada encontro que pasa.

Te puede interesar