Auriense FG

Co proxecto xa asentado, medrar é o obxectivo claro

auriense millan masculino
photo_camera Millán, un dos integrantes do conxunto masculino do Auriense. (Foto: Miguel Ángel)

O clube ourensán traballa no seu equipo mixto, que serve  como introducción ao deporte e na escola universitaria, que conta con máis de 20 usuarios por adestramento

Pasiño a pasiño, como as formigas fan o seu traballo durante todo o ano. Así é como traballa a enorme familia que é o Auriense Fútbol Gaélico, que esta tempada cumplirá o seu sexto ano de existencia.

Lonxe están os duros comezos co equipo feminino, que agora é un dos referentes do deporte a nivel galego. As rapazas, despois dun ano duro marcado polas lesións e algunha que outra baixa, aspiran a voltar a ser un dos conxuntos importantes dunha liga cada vez máis esixente, tanto a nivel físico como de xogo.

Os mimbres están postos e soamente resta que a mala sorte que lles privou de máis de unha victoria volte para quedarse no sintético do Campus Universitario de Ourense

Entre os rapaces, cun ano menos de vida, o curso 2018-2019 destapouse como o mellor en canto a resultados. Cun cuarto lugar na competición doméstica, os ourensáns foron capaces de vencer o título de Copa e tamén de lograr o primeiro lugar na Copa Sheild, que este ano se celebrou en Barcelona cun excelente nivel de equipos participantes.

Despois dun bo ano, repetir os resultados será complicado, pero as aspiracións reais son voltar a pelexar no grupo de cabeza que loita polo título.

Despois dun bo ano na categoría masculina e un máis complicado na feminina, a idea do clube é facer medrar os proxectos paralelos

Sen embargo, non todo é competición federada no clube. Cun claro compoñente social, a actividad do equipo, ademáis das Ligas Galegas céntrase no traballo de promoción e captación de novos xogadores. Actualmente teñen dous proxectos en marcha que están a mostrar o crecemento do gaélico na cidade.

O primeiro deles é o equipo mixto, algo así como a categoría de iniciación neste deporte. Dende o clube destacan que esta competición demostra que mulleres e homes poden competir nun mesmo deporte ao tempo que fomentan uns valores de convivencia e melloran a súa capacidad de física.

E non soamente iso, tamén serve para que rapaces que nunca xogaron a deporte federado poidan comezar nunha modalidad que non penaliza tanto coma outras o descoñecemento da competición.

A outra iniciativa, de compoñente máis social, é a escola universitaria. 


Terceiro ano


No seu terceiro ano de existencia, esta actividad que se realiza semanalmente nas instalacións da universidade, serve para introducir dende un aspecto máis lúdico aos xoves a este deporte, cun ambiente que invita a interacción entre os participantes, combinando actividade física e momentos de diversión

A popularidade desta escola vai en aumento cun promedio de 20 participantes en cada unha das sesións que se realizan durante o curso lectivo.

Te puede interesar