FÚTBOL GAÉLICO

A Copa máis reivindicativa do deporte galego alcanzou a súa terceira edición

photo_camera Un momento de xogo no campo das instaslación de A Moreira, en Xinzo de Limia, entre dous dos equipos participantes no torneo autonómico.

O Estrela Vermella e as Irmandinhas foron os campións autonómicos na modalidade masculina feminina, respectivamente

A Copa Galicia de fútbol gaélico xa ten gañadores despois da xornada disputada esta pasada fin de semana no concello de Xinzo de Limia.

O Estrela Vermella desfíxose de todos os seus rivais ata chegar á final ante os Fillos de Breogán. Na gran final, tamén foi máis eficaz co seu rival e cun 9-14 ao seu favor levantou a copa de campión galego.

O mesmo éxito tiveron as Irmandinhas na categoría feminina. De novo o equipo Fillas de Breogán chegaba á final. Esta vez eran as xogadoras as que tiñan a oportunidade de levantar o título autonómico. Pero as Irmandinhas venceron despois dun axustado 23-22.

O equipo ourensán Auriense logrou un meritorio quinto posto na categoría masculina e repetiu outro quinto posto na modalidade feminina.

Ademáis dende a cúpula do equipo deportivo afirman que teñen un proxecto entre mans. Ese novo plan é nada máis e nada menos, cun evento deportivo nas festas de Ourense, "para dar a coñecer máis este deporte.A xente que vén sempre repite".

Te puede interesar