FÚTBOL GAÉLICO

O fútbol gaélico achégase á cidade para medrar

OURENSE (RÚA FONTE DOS CAÑOS). 14/04/2018. OURENSE. Partido de fútbol gaélico de octavos de final de la copa de Galicia entre el local Auriense F.G. y el Estrela Vermella. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Pugna por unha pelota durante a celebración do encontro do sábado.

O Auriense organizou a segunda edición desta actividade, que procura captar novos xogadores e facer medrar 
unha modalidade que gaña adeptos co paso do tempo

O fútbol gaélico segue a medrar na cidade de Ourense. Da man do Auriense FG, este deporte aínda descoñecido en moitos lugares do territorio nacional, gaña adeptos e xogadores cada ano que pasa.

Nun método práctico para achegar este deporte a tódolos posibles interesados, o clube ourensán celebrou unhas xornadas abertas para mostrar as bondades dunha modalidade apaixoante.

Durante toda a semana, o clube ourensán organizou diversas actividades, que abranguiron todo tipo de métodos.

O luns foi o turno para unha introducción ao fútbol gaélico dunha forma téorica, para despois saltar á cancha da Universidade e dar os primeiros pasos.

O audiovisual foi protagonista na segunda xornada. Tras un inciso posterior, de novo turno para poñer en práctica os coñecementos adquiridos, desta vez cos equipos do Auriense como compañeiros de viaxe.

O mércores, turno para achegar dunha forma máis persoal a xente do clube aos interesados por sumarse a familia do Auriense. 

E para rematar coas segundas xornadas, turno para asistir os encontros dos clube. O sábado, turno para unha triple ración de fútbol gaélico coa disputa dos encontros de Liga Galega feminina e Copa Masculina no Estadio Universitario.

En total, máis de tres horas de deporte no que houbo tamén tempo para uns petiscos e algún sorteo de agasallos. E como non, ó rematar a xornada, turno para o terceiro tempo, no que a convivencia e o intercambio de impresións entre xogadores e afeccionados deixou momentos para o recordo.

Te puede interesar