Suspendido o Rallymix de Barbadás pola incidencia do covid-19

A cita estaba prevista para o 7 e 8 de novembro

A Escudería Barbadás que tiña previsto celebrar a séptima edición do Rallymix de Barbadás “Memorial Gonzalo Belay”, os vindeiros 7 e 8 de novembro de 2020, ven de comunicar a súa cancelación definitiva para este ano. "Despois de tódolos esforzos por parte da organización, do Concello de Barbadás, do apoio da Federación Galega de Automobilismo, dos patrocinadores e colaboradores sempre ó noso carón, a pesar das dificultades, vémonos na obriga de tomar a triste decisión de cancelar a celebración do 7º Rallymix de Barbadás Memorial Gonzalo Belay".

O avance da pandemia e as medidas excepcionales que se deben acometer neste intre, non permite garantir a seguridade dos participantes, aficionados e vecinos de Barbadás durante a sua celebración, afirman dende a organización do evento. 

"A Escudería Barbadás comparte coas autoridades a prioridade da saude, por riba de todo, e non quere poñer en risco por un soio momento a de una soa persoa que poidera participar en calquera faceta da nosa proba deportiva. E o momento de arrimar o lombo para tentar erradicar esta lacra e desexar que o vindeiro ano nos permita recuperar a nosa afición e celebrar como se merece o Rallymix de Barbadas", lembran no comunicado oficial.

Te puede interesar