Monterrei

Aberto o prazo para asistir ao campamento de verán no Invernadeiro

Monterrei

VERÍN

Aberto o prazo para asistir ao campamento de verán no Invernadeiro

As solicitudes serán cubertas na Oficina Municipal de Información Xuvenil por riguroso orden de inscrición e pago ata cubrir as 100 prazas dispoñibles

Conscientes da importancia que ten o tempo de lecer e o ocio na mocidade, o Concello de Verín decide levar a cabo un ano máis o Campamento de Verán no albergue do parque natural do Invernadeiro, por consideralo un lugar apropiado par tal fin, tanto pola súa infraestructura como polas súas rutas de senderismo. Dende onte, figura aberto o prazo de inscrición para as/os empadroadas/os e para as/os non empadroadas/os farao mañá 26 de maio. A cota a abonar é de 130 euros, para as/os rapazas e rapaces empadroadas/os no Concello de Verín e de 150 para as/os non empadroadas/os.

As solicitudes serán cubertas na Oficina Municipal de Información Xuvenil por riguroso orden de inscrición e pago ata cubrir as 100 prazas dispoñibles.

As idades dos e das participantes serían as comprendidas entre os 8 e os 15 anos. Están programados dous turnos. No primero, do 21 ao 26 de agosto, estarán comprendidas/os ás e ós menores nacidas/os nos anos 2006-2007-2008-2009. Mentres que no segundo turno, do 26 ao 31 de agosto, participarían as e os menores nacidas/os nos anos 2002-2003-2004-2005.

Más en Monterrei