Aberto o prazo para presentar proxectos no GDR Monteval: consulta as datas e cuantías

Monteval Verin
photo_camera Entrada do GDR Monteval, no polígono de Pazos.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Monteval contará con 546.262,19 euros para executar proxectos Leader

Coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) este luns da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos do Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, ábrese o prazo para a recepción de proxectos.

Dende o Grupo de Desenvolvemento Rural Monteval informan de que, dende mañá martes e ata o 3 de xuño, os interesados poderán realizar a solicitude para poñer en marcha os seus proxectos, ben sexan de carácter produtivo ou non. 

"Poden presentarse calquera tipo de empresario, autónomo, pequenas e medianas empresas, comunidades de montes, concellos, asociacións... normalmente temos sobre 40 proxectos, a ver este ano", explican dende o GDR Monteval, que conta con 546.262,19 euros a repartir entre os proxectos que se presenten durante este mes.

Respecto ao reparto do diñeiro, o grupo segue un criterio establecido: o 65% para os produtivos, o 16,25 para os Concellos, outro para comunidades de montes e asociacións, e un 2'5 para formación. Ademais, os proxectos que teñan a subvención van por baremo, tendo en conta as características do proxecto, o impacto no territorio, no emprego, etc.

Así, calquera perfil que encaixe nestas características poderá optar ás subvencións do Leader, para crear e manter emprego no medio rural e dotar de servizos á poboación destas zonas. 

Te puede interesar