Abre o prazo para inscribirse na proba de acceso ao Conservatorio

O prazo para inscribirse e realizar a proba de acceso ao Conservatorio de Verín no grao elemental rematará o vindeiro 30 de xuño. Como requisitos básicos para poder afrontar dito trámite está, por unha banda, que a persoa aspirante teña oito anos de idade -ou os faga dentro do ano actual- e que antes de rematar este ano non teña máis de catorce anos e, pola outra, que dito aspirante non posúa un expediente de estudos musicais.

As persoas interesadas en participar na proba solicitarán un formulario de inscrición chamando a Cultura do Concello de Verín -988 41 00 00- ou enviando un correo electrónico a [email protected]

O Grao Elemental da formación musical regrada está estruturado en catro cursos e o alumnado recibe semanalmente unha hora de formación individual e tres de formación en clases colectivas.

Te puede interesar