MONTERREI

Abren as piscinas descubertas de Verín ata o mes de setembro

As instalacións verinesas están compostas de dúas piscinas: unha de adultos de 25 por 12 metros, e outra de nenos de 10 metros cadrados

As piscinas descubertas de Verín xa están abertas ao público dende este sábado. Este servizo municipal prolongarase durante todo o periodo estival e ata mediados do vindeiro mes de setembro. 

As instalacións verinesas están compostas de dúas piscinas: unha de adultos de 25 por 12 metros, e outra de nenos de 10 metros cadrados e dunha profundidade menor de medio metro para salvagardar a seguridade dos cativos. 

As piscinas municipais de Verín, ubicadas na avenida de Portugal da vila, contan tamén cun bar e un servizo de bibliopiscina, que pretende fomentar a lectura entre bañistas e visitantes. O horario da piscina será de luns a sábado dende as 12,00 horas ata as 21,00 horas. Os festivos tamén estarán abertas ao público. Os domingos o horario ampliarase ata nunha hora, abrindo as instalacións a partir das 11,00 horas. 

No que atinxe ás piscinas climatizadas, éstas estarán pechadas durante a fin de semana por mor do horario de verán, tal e como vén sendo habitual.

Te puede interesar