MONTERREI

Actividades lúdicas e musicais

20190404181324099_result
photo_camera A música é un das notas lúdicas destacadas no programa.

Durante a celebración da feira, a organización planificou un abano de de propostas lúdicas e educativas infantís programadas para o Lázaro no Pavillón Municipal

Durante todo o horario de apertura da feira, habilitarase un espazo gratuíto, destinado aos máis cativos no que poderán levar a cabo distintas actividades e manualidades relacionadas coa reciclaxe, o aproveitamento de materiais, o medio ambiente ou a igualdade. Será un lugar específico onde poderán xogar e divertirse, tendo como novidade este ano colchonetas inchables na parte exterior do pavillón da man de Pequenos. Para complementar o programa, este ano volverá a asentarse na rúa Irmáns Moreno unha mostra de vehículos de ocasión.

No que actividades musicais e culturais se refire, desde a concellería de Cultura e Festexos  manteñen a liña de programación das anteriores edicións ofrecendo actuacións pensadas para todas os segmentos de público. Este sábado, a Praza da Mercé acollerá ás 19,30 horas, unha actuación da Banda de Gaitas de Verín para a inauguración da Feira do Libro e de Artesanía. Este domingo, no pavillón dos deportes, actuará a charanga da Asociación Cultural Candaira para a inauguración de Agro+Verín. Pola noite, a orquesta Alkar amenizará a celebración cunha doble actuación, ás 21,30 e as 00,30 horas. O domingo haberá un pasarrúas da Banda Musical de Vilaverde da Raia e misa e procesión en honor a San Lázaro.

 Os días 5, 6 e 7 de abril, o pavillón acollerá, a Feira de Artesanía, na que participan 17 stands, e a Feira do Libro, coorganizada pola Federación de Librarías de Galicia e o Concello de Verín. Como novidades, inauguraranse dúas novas exposicións no Museo Claustro Mercedarios ( MCM) e celebrarase o “Primeiro intercambio da Asociación Cultural Candaira- Rancho Folclórico Os Camponeses de Arosa (Cabeceiras de Basto- portugal)”.
Pola súa banda, a Asociación de Hostaleiros da Comarca de Verín promove, en colaboración do Concello de Verín,  o menú “Especial Lázaro” ” co fin de promover os produtos tradicionais da comarca. Estes menús especiais, cuxos prezos oscilan entre os 10 e os 35 euros, estarán dispoñibles durante as dúas xornadas  da Feira do Lázaro. 

Te puede interesar