formación

O actor Santiago Cañaveral impartirá clases de teatro en Verín

Cañaveral ofreceu este mesmo ano un curso similar dende marzo ata xuño e, dada a boa acollida do mesmo, decidiuse organizalo de xeito anual

Santiago Cañaveral, un dos actores verineses máis recoñecidos, volverá a impartir clases de teatro na vila grazas a unha colaboración coa área de Cultura do Concello. Os eixos principais nos que se baseará a formación serán a expresión corporal  e a interpretación, coa orientación á superación dos bloqueos emocionais. O obxectivo será, segundo explicaron dende o Consistorio de Verín, "traspasar eses medos e que o actor coñeza o seu propio corpo como instrumento para o método interpretativo". 

Cañaveral ofreceu, este mesmo ano, un curso similar dende marzo ata xuño e, dada a boa acollida do mesmo, decidiuse, agora, organizalo de xeito anual. Neste senso, as clases comezarán no mes de outubro e durarán ata o vindeiro mes de xuño. Os grupos dividiranse segundo a idade e as clases celebraranse os venres e os sábados nun horario aínda por determinar. Os interesados deberán preinscribirse no 600 23 43 18.

Te puede interesar