Sanidade

Adxudicada a redacción do plan para ampliar o Hospital de Verín

O Servizo Galego de Saúde vén de adxudicar a redacción do proxecto para a ampliación das Urxencias e Punto de Atención Continuada do Hospital de Verín por valor de 131.890. euros. Este plan contará cun prazo de execución de tres meses: un para a redacción do proxecto básico e outros dous para a aprobación do mesmo. 

Tal e como avanzaron dende a Consellería de Sanidade, posteriormente procederase a construir dun edificio independente do Hospital e que se conectaría co principal mediante un corredor. Está plantexado, ademais, como unha única planta, cunha superficie útil de 1.229,40 metros cadrados e unha superficie construída de 1.372,50 metros cadrados. As melloras enerxéticas pasarán polo cambio da enfriadora, a instalación de paneis fotovoltaicos, a substitución da iluminación por outra máis eficiente e a realización do illamento da cuberta.

Te puede interesar