arte

Os alumnos da escola de artes expoñen o traballo dun ano

Para o curso 2017-2018, que comezará o 19 de setembro, está aberto o prazo para a reserva de postos escolares

Mañá martes 12 de setembro, ás 19,00 horas, inaugúrase na Sala de Exposicións de Verín a mostra “Expoarte 2017”, que estará aberta ao público ata o 30 de setembro. A exposición presenta traballos realizados no curso 2016-2017 nas Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios de Verín. As especialidades que ofrecen son Cerámica, Pintura (Debuxo, Óleo, Acrílico e Pastel) e Talla en Madeira. Os traballos que se expoñen foron seleccionados polo alumnado. 

As Aulas de Especialización da Escola de Artes e Oficios de Verín tratan de cubrir un dobre obxectivo. A maioría do alumnado accede ao centro buscando o uso creativo do tempo de lecer. Algúns dos participantes nas actividades pretenden a capacitación profesional. Estes alumnos poden acceder ao Carné de Artesán, despois de catro anos de formación.

Para o curso 2017-2018, que comezará o 19 de setembro, está aberto o prazo para a reserva de postos escolares.

Te puede interesar