ENTREVISTA

"O amor é unha loita na que hai vencedores, vencidos e, sobre todo, moitos cobardes"

ROCHINM
photo_camera Rochi Nóvoa, o domingo en Verín.

Rochi Nóvoa nunca defrauda cando presenta. Non o fixo o pasado domingo en Verín, logo de achegar ao público da feira do Lázaro o que é xa a súa sexta publicación, o diminuto pero intenso poemario titulado "Instances".

No acto estivo arroupada polo músico José Manuel Salgado, quen lle proporcionou o acompañamento preciso á lectura da autora. Ao final, e como colofón, unha das artistas que tamén colaborou na edición cos seus debuxos, Paulinha de Arzoá, acabou cantando para os asistentes.  

Rochi, a que se debe o título de “Instances"?

Na inmediatez do tempo no que estamos vivindo, pararse a ler poesía é moi custoso. Entón, dentro das leis dos mínimos, apareceu "Instances".

Na súa obra nunca pode faltar a mensaxe de loita, de combate. É este libro menos combativo?

Depende de como se mire. As miñas obras sempre son combativas, a superación, a rebeldía e a loita diaria están sempre presentes. 

Pero tamén é moi importante o amor para vostede.

Todos estamos aquí, precisamente, como froito dese sentimiento (risas), ou nalgúns casos, como o meu, por auténtico despiste (máis risas). Pero non esquezamos que co amor tamén protagonizamos as máis encarnizadas e cruentas loitas. O amor declárase mediante a guerra, e os pulsos; é unha loita onde hai vencidos, vencedores, e onde hai sobre todo cobardes. Entón, escribir de amor é escribir tamén da guerra. Quen  non loitou consigo mesma por amor? 

Teño entendido que se adiantou a outro que tamén está en preparación.

Así é. Realmente vén a facer o sexto que publico en solitario, logo de "Muller de papel", "Farrapos de boneca", "Sen ti son eu" e "Cos pés na terra e a alma na lúa", que tamén tiña unha edición de peto. Aínda que "Instances" é un adianto dun traballo que teño pendiente con Xoel Gómez, Os Zenzar, Daniel Minimalia, O Reverendo Can, Eladino e Alexandre Cabanelas... un poemario máis laborioso e cunha prespectiva más ambiciosa. 

Falando de librarías, onde podemos atopalo xa?

Como "Instances" chegou o sábado pola mañana, so nas que estiveron presentes na feira do libro e nas librarías Pedreira de Santiago e Nóbel, de Xinzo. Pero quen desexe mercalo ten o meu perfil de facebook para solicitalo, porque eu sempre quero saber a ónde van a parar os meus bebés. 

Onde volveremos poder escoitar a Rochi?

O vindeiro sábado no café cultural Auriense, a partires das 20,30 horas.

Te puede interesar