MONTERREI

A Andaina Solidaria de Verín será o vindeiro primero de maio

O recadado con esta proba deportiva e lúdica irá destinado a Cruz Vermella Monterrei

O Concello de Verín e o Clube Sendeiristas de Monterrei organizarán o vindeiro día 1 de maio a segunda edición da Andaina Solidaria, que leva o nome da capitalidade comarcal. O recadado con esta proba deportiva e lúdica irá destinado a Cruz Vermella Monterrei. 

O percorrido terá unha lonxitude total de 13 quilómetros e arrancará da céntrica Praza da Mercé -onde se atopa a oficina da asociación sen ánimo de lucro-. Os camiñantes pasarán polo núcleo de Queizás, polo Castelo de Monterrei e pola Pousa, antes de rematar a actividade deportiva na Praza Maior de Verín. 

As inscricións poderán realizarse na Ferretería Lucas -rúa Galicia, número 6- ou na propia oficina da Cruz Vermella Monterrei -Praza da Mercé, número 16-, e formalizaranse coa compra dun boleto do Sorteo de Ouro, que terá un prezo de cinco euros.

Te puede interesar