ARTE

Antonio Souto expón na Casa da Cultura de Verín

20170307211750188_result

Esta exposición componse de pezas que teñen en común o estar realizadas a partir dunha envoltura e o seu oco, unha casca.

Desde onte e ata o día 28 de marzo , a Sala de Exposicións de Verín acolle a mostra “Momentos sen tempo”, exposición escultórica do artista, arquitecto de formación, Antonio Souto. Esta exposición componse de pezas que teñen en común o estar realizadas a partir dunha envoltura e o seu oco, unha casca.

Entre as súas últimas exposicións individuais encóntranse as realizadas en Abanca, Santiago de Compostela; na Galería Arcana, en Vilagarcía de Arousa; no Museo Municipal de Ourense e no Centro cultural Marcos Valcárcel, da cidade das Burgas. 

Te puede interesar