MONTERREI

O auditorio de Verín abre as portas á II Gala da Cruz Vermella

O evento contará coa participación dos rapaces e as rapazas do IES Xesús Taboada Chivite

As 19,30 horas, a Cruz Vermella de Monterrei, en colaboración co Concello de Verín, organiza a súa II Gala Benéfica no Auditorio Municipal de Verín. A primeira edición, no verán pasado, tivera como temática a música. Este ano, en cambio, xirará en torno ao teatro, que está a recuperar unha notable importancia na vila. 

A gala contará coa participación dos rapaces e as rapazas do IES Xesús Taboada Chivite, que  interpretarán a obra "As ras e o sol" e ofrecerán unha serie de monólogos sobre algunas personaxes da lteratura e o cine que deixaron pegada, seguro, no ideario colectivo dos asistentes esta tarde. 

Para acudir ó certame, deberase adquirir un boleto do Sorteo de Ouro de Cruz Vermella valorado en 5 euros, co que se incluirá a entrada á Gala. Ditos boletos pódense mercar nas instalacións do Auditorio Municipal da vila de Verín ou na Cruz Vermella Monterrei, que ten as súas oficinas na Praza da Mercede, número 16.

 Os menores de 12 anos, como ocorreu o pasado ano, terán a entrada de balde.

Te puede interesar