O auditorio acolle hoxe a presentación dun libro infantil

O conto é un capítulo de vivencias recentes e condensa emocións, sentimentos, valores e moita esperanza e confianza

O conto activo -une lectura con escritura, debuxo, discurso e o enxeño- "La clase de Primero y el pirata Kiko" será presentado hoxe venres, ás 17,30 horas, no Auditorio Municipal de Verín. 

O libro -escrito pola mestre do Colexio Amaro Refojo de Verín Isabel Bugallo- que hoxe se dará a coñecer na vila do Támega está enfocado a nenas e nenos de 6 a 9 anos e foi editado despois de pasar a "proba do confinamento" poñéndose en práctica coa Clase de Primeiro do colexio Irmáns Villar de Ourense. 

O conto é un capítulo de vivencias recentes e condensa emocións, sentimentos, valores e moita esperanza e confianza. Nel, quen non saiba das mencionadas vivencias, sentirá "a esencia da amizade e a importancia das familias que sempre estiveron apoiando e confiando totalmente no labor da mestra", di a autora.

Te puede interesar