Breve

O Auditorio de Verín acolle a presentación do libro "Verín de Verín" de Xosé Carlos Caneiro

auditorio de verín (c.c.)
photo_camera O Auditorio de Verín. (Foto: C.C.).
O acto será este martes, 29 de marzo, ás 20,00 horas

O Auditorio de Verín acolle este martes, ás 20,00 horas, a presentación do libro “Verín de Verín” do escritor Xosé Carlos Caneiro. A obra, un conxunto de artigos que buscan facer rir ao lector, ten un nexo común: a vila do Támega.

Acompañando ao autor estarán Gerardo Seoane, alcalde de Verín; Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, e o cantautor Emilio Rúa. 

Te puede interesar