Baile, piano, cestería e outras actividades na Reitoral da Chaira de Riós

REITORAL DA CHAIRA
photo_camera A Reitoral da Chaira.
Os interesados poden coñecer horarios e prezos poñéndose en contacto coa organización dos obradoiros

A Reitoral da Chaira, en Riós, organiza variados obradoiros para que, todos aqueles que o desexen, poidan sumarse á actividade no rural. 

Dende a Reitoral impulsan aulas de baile rexional, de cestería, de música e piano, así como de artes creativas. Estes talleres buscan dinamizar a vida no rural e manter vivas as tradicións e costumes galegos, ademais de ampliar coñecementos e potenciar a creatividade. Os interesados en participar ou coñecer horarios e prezos poden obter máis información a través do teléfono de contacto 667 46 60 73 ou na propia Reitoral.

A Reitoral da Chaira é un lugar que, ademais de albergar o centro de interpretación da Castaña, tamén funciona como espazo cultural e de divulgación. Nel organízanse variadas actividades como conferencias, talleres e festivais, todos a prol do rural, da igualdade e da cultura propia. 

Te puede interesar