Baltar garantiza os instrumentos para o conservatorio verinés

Baltar recibiu aos pais dos mozos de Verín.
photo_camera Baltar recibiu aos pais dos mozos de Verín.

 Unha representación da Asociación de Pais e Nais do Conservatorio de Verín desprazouse ata Ourense para manter un encontro co presidente da Deputación, Manuel Baltar, que escoitou as demandas e inquedanzas do colectivo e dos propios alumnos verineses.

Por outra banda, no encontro tamén se puxo enriba da mesa o funcionamento e o equipamento desta infraestrutura cultural de vital importancia para os mozos da comarca. Na xuntanza, Baltar confirmou que a Deputación de Ourense colaborará coa asociación de pais e nais para a adquisición de instrumentos musicais co obxectivo de que "o vindeiro curso os alumnos conten con novo equipamento, unha vez avaliadas por parte da Deputación as necesidades, perfectamente documentadas", asegurou o presidente da administración provincial.

Por último, Baltar garantizou a disposición da Deputación de Ourense para celebrar no vindeiro mes de setembro unha reunión conxunta entre a institución provincial, a Asociación de nais e pais do conservatorio, o Concello de Verín e a Mancomunidade de concellos de Monterrei, "para falar do futuro do conservatorio e das acción conxuntas a levar a cabo neste sentido, pensando en clave comarcal", comentou recoñecendo "o traballo e a vocación da Asociación de nais e pais do Conservatorio, así como o seu interese pola cultura".

Te puede interesar