Ocio infantil

"A banda das apertas" chega a Verín

plaza da merced verín
photo_camera A actuación celebrarase na Praza da Mercé. (Foto: C.C.).
A Praza da Mercé acollerá o espectáculo 

O vindeiro domingo 25 de xullo, ás 20,00 horas, a Praza da Mercé de Verín acollerá un espectáculo destinado aos máis cativos: "A Banda das apertas", de Magín Blanco. 

Nesta nova produción, as músicas do creador Magín Blanco conviven con outras coñecidas cancións que o público familiar recoñece e valora da historia da música contemporánea, e que permitirá gozar en familia dun concerto, no que o público é parte do elenco: coreando, acompañando e, sobre todo, desfrutando con esta actuación. 

espectáculo verín

A cita está organizada polo Concello de Verín, dentro do programa de Rede galega de teatros e auditorios, e dende a casa consistorial informan de que a entrada é libre ata completar aforo. 

Te puede interesar