ANIVERSARIO

A banda Nova Era conmemora hoxe os cinco anos da súa estrea

Tal día coma hoxe hai un lustro, a Banda de Gaitas Nova Era celebraba a súa primeira actuación pública na Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei. Para conmemorar a efeméride, os integrantes da agrupación elaboraron un vídeo no que, dende as súas casas, brindan por outros tantos anos máis de "respecto, innovación e paixón pola música".

A Banda de Gaitas Nova Era, integrada por 45 músicos, naceu no 2015 "para dinamizar a vida musical da comarca a través dun proxecto cultural dun grupo de mozos e mozas que buscaban plasmar as súas inquietudes musicais, romper os estándares e explotar novos camiños". O seu repertorio vai dende a muiñeira galega ao swing americano e o grupo combina diferentes seccións: gaitas galegas, a sección de percusión e a sección orquestral, formada por instrumentos de vento-metal, vento-madeira, corda e interpretación vocal.

Te puede interesar