monterrei

A Biblioteca de Verín abordará tácticas para educar aos nenos

A actividade desenvolverase o próximo venres, día 14 de xuño

A Biblioteca Municipal de Verín continuará fomentando, ao longo do mes de xuño, a cultura na vila e a educación e o ocio entre os máis pequenos. Precisamente, a vindeira presentación que terá lugar no interior das súas instalacións irá encamiñada a mellorar as prácticas educativas para os cativos. Estará enmarcada dentro da presentación da obra literaria "La educación por escenarios", escrita por Víctor Arufe e editada por Educa. A actividade desenvolverase o próximo venres, día 14 de xuño, a partir das 19,30 horas. 

Esta obra, gañadora dos Premios Educa ao mellor docente de España no 2017, ofrece 83 estratexias prácticas para traballar a educación dos nenos dende o primeiro ano de vida ata a súa madurez. Está indicada para todas as familias, docentes e estudantes que queiran casos concretos para avanzar neste senso e acadar o benestar familiar e a participación social, emocional e física dos nenos. Tamén colaborará o CEIP Princesa de España.

Te puede interesar