MONTERREI

A Biblioteca de Verín lembra á figura do erudito Eloi Luis André

Nas conferencias falarán, ademais de Xosé Ramón Soto e Alberte Blanco, o neto do ilustre, Carlos Thiébaut

Dende mañá día 7 ao 22 de xuño, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acolle un ciclo temático adicado a Eloi Luis André, un dos grandes eruditos que deu a comarca de Monterrei. Durante estas xornadas desenrolaranse unha serie de actividades dentro do complexo bibliotecario coa finalidade de investigar e honrar a vida desta personaxe tan destacada na vila.

Eloy Luis André foi catedrático de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Dereito. Destacou como escritor, articulista e correspondente de prensa.

Os actos comezarán mañá coa inauguración da exposición temática e que estará aberta ata finais do mes de agosto.

O día 8 de xuño, ás 19,30 horas, o doutor en Psicoloxía Xosé Ramón Soto falará na conferencia de título "O civismo como paixón", de dous dos temas aos que adicou parte da súa carreira o ilustre verinense, como foron a clínica dos problemas mentais e o interese pola linguaxe.

Os actos rematarán os vindeiros días 21 e 22 de xuño ás 19,30 horas, con charlas de Alberte Blanco e o neto do ilustre, Carlos Thiébaut.

Te puede interesar