A biblioteca de Verín organiza unha charla sobre Cervantes

Organizará o vindeiro venres 22 de abril ás 19,30 horas unha conferencia a cargo de César Brandariz, investigador da vida, persoaxe e obra de Cervantes

Co título 'Cervantes e Galicia', a biblioteca de Verín organizará o vindeiro venres 22 de abril ás 19,30 horas unha conferencia a cargo de César Brandariz, investigador da vida, persoaxe e obra de Cervantes, que ofrecerá un riguroso estudo do autor do libro máis publicado do mundo, tan só superado pola Biblia, desvelando aspectos tales coma topónimos, flora e fauna, ou lugares descritos nela. 

César Brandariz, licenciado en ciencias empresariais e dereito, é consultor en Estratexia, Marketing e Investigación de Mercados, ademáis de xerente e vocal da asociación de antigos alumnos Icade.

Te puede interesar