MONTERREI

A Biblioteca de Verín recibe carteis históricos

20190427173428508_result
photo_camera Victor Freixanes, Dolores Cabrera, Francisco Domínguez e Gerardo Seoane.

A exposición está conformada polos fondos da Fundación Penzol, e foi comisariada por Dolores Cabrera

A Fundación  Penzol vén de doar dezasete carteis históricos orixinais á Biblioteca Municipal de Verín, segundo informou onte o Concello. O acto de entrega dos mesmos tivo lugar na inauguración oficial da exposición "Escolma Gráfica da Historia das Letras Galegas", mostra que recolle a recompilación da cartelería histórica que acompañou a celebración do Día das Letras Galegas dende o seu inicio. 

A exposición está conformada polos fondos da Fundación Penzol, e foi comisariada por Dolores Cabrera, padroeira da Fundación Penzol, e polo director da mesma, Francisco Domínguez. No acto tamén estiveron presentes o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane.

A través de trinta e dous carteis, esta mostra fai un percorrido histórico sobre a evolución do chamamento á conmemoración da publicación de "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro, data elixida para celebrar o día oficial das Letras Galegas. O obxectivo desta mostra é comezar a celebrar as Letras Galegas, adicadas este ano a Antonio Fraguas, e unha vez rematada, o 17 de maio, ceder a mesma aos centros de ensino que así a soliciten. 

Te puede interesar