A Biblioteca de Verín recibe a doazón de Pedro Soler Martínez

2020091122303669726
photo_camera O escritor Pedro Soler.

Os responsables da Biblioteca Municipal de Verín recibiron este venres a doazón das obras "Un gaucho de Almería en el puente del Inca", "El Antoñuelo", e "Brujas", de Pedro Soler Martínez, escritor de Almería que pasa longas tempadas na vila do Támega. Soler Martínez, nado no 1953, é mestre e domina varios idiomas. Escribiu unha vintena de contos infantís durante a súa estancia en Sudamérica. É, ademais, un viaxeiro incansable. 

A entrega fíxose nas instalacións da Biblioteca con todas as medidas de seguridade necesarias. Os traballadores deste espazo de lectura agradeceron públicamente esta cesión do autor e, con ganas de volver á normalidade, aseguraron que, ao longo da vindeira semana, celebraranse algunhas actividades vía "online" para poder manter vivo o espírito da biblioteca malia que os tempos de pandemia non permiten o seu funcionamento normal.

Te puede interesar