Ocio

"Bingo de verán" en Laza para potenciar vida social e comercio local

photo_camera A Praza da Picota acolleu a celebración das partidas de bingo. (Vídeo: cedido).
Os organizadores repartiron numerosos premios

Xuventude de Laza, en colaboración co Concello, Turismo e a Asociación Cultural Enlazados, organizou o "Bingo de verán", para que os veciños desfrutasen dunha xornada diferente, optando a numerosos premios.

A Praza da Picota acolleu onte ás 20,00 horas unha actividade diferente, a celebración dun bingo. É a segunda vez que estas asociacións organizan a iniciativa -a primeira foi nun Nadal-, para impulsar a vida social no rural e potenciar, en certa maneira, o comercio local. 

Os agasallos aos gañadores foron mercados en establecementos lazanos, para apoiar tanto a hostalaría como ao pequeno comercio nestas épocas de covid-19. Debido as restriccións sanitarias causadas pola pandemia, o aforo do evento limitouse a 40 persoas, aínda así, a celebración foi todo un éxito.

Te puede interesar