monterrei

O BNG saca músculo no goberno de Verín

Diego Lourenzo
photo_camera Diego Lurenzo, candidato á alcaldía de Verín, no mitin central da campaña na vila.

Diego Lourenzo, candidato á alcaldía: "A equipa de goberno está orgullosa do camiño andado"

O candidato á Alcaldía no Concello de Verín, Diego Lourenzo deu este sábado o seu mítin central de campaña, arroupado pola portavoz nacional do BNG, Ana Pontón; a eurodeputada e candidata ao Parlamento Europeo, Ana Miranda e a segunda da súa lista para o Concello da vila, Emilia Somoza. Ao acto tamén asistiron os alcaldes e candidatos do resto de concellos da comarca: Monterrei, A Gudiña, Viana do Bolo, Castrelo do Val, Oímbra, A Mezquita e Cualedro.

O tenente de alcalde afirmou que a equipa de goberno municipal estaba "orgullosa do camiño andado", pero tamén "ilusionados por todo o camiño que queda por percorrer". Agradeceu aos integrantes da súa lista e aos seus concelleiros "o soporte e bo facer para percorrer a senda que o BNG de Verín iniciou hai catro anos na vila".  Dixo que "esta última lexislatura supuxo un punto de inflexión na historia recente do noso Concello, fomos quen de iniciar un proceso de cambio colectivo, mais aínda queda moito por facer". Tamén agradeceu a súa presenza a Pontón e Miranda, "dúas mulleres traballadoras e comprometidas que guían o proxecto do BNG cos pés e o corazón na terra".

O BNG tamén desenvolveu actos en Allariz. A portavoz nacional, Ana Pontón, dixo que esta vila era "para presumir de modelo municipal do BNG". Dixo que “onde gobernamos melloramos a vida das persoas, con concellos honestos, libres de corrupción, con democracia participativa, feministas e sustentables". 

Ana Miranda, candidata ás Europeas, aproveitou a súa intervención en Allariz para incidir en que "un dos problemas máis graves do país, en particular da provincia de Ourense é a despoboación tanto polo abandono do medio rural ante a falta de servizos e oportunidades como pola sangría da emigración da mocidade", para destacar que " Allariz está, entre as escasas excepcións deste marco. "É posible conseguir máis recursos europeos contra o problema demográfico grazas a que o BNG logrou que a cuestión da despoboación sexa considerada un problema a escala europea", suliñou a candidata na súa intervención.


Presentación do programa en A Rúa


A candidata ruesa María González Albert, candidata, no centro.do BNG, María González Albert, descartou este sábado a inclusión de proxectos estrela no seu programa. "Non cremos neles. O fundamental é pensar en A Rúa. Crer que hai que voltar aos anos 50 é un erro. Houbo un bum a mediados do século XX, mais non se aproveitou para crear riqueza", afirmóu.

A cabeza de lista, acompañada polos seus compañeiros de candidatura, explicou que a campaña da formación nacionalista será "en positivo" e asegurou ter "expectativas de gobernar en A Rúa". Neste sentido, falou de "crear unha marca A Rúa", similar ao modelo de Allariz. Ademáis, na presentación de onte tratouse o aproveitaento de O Aguillón para o turismo deportivo y botouse en falta un maior apoio das otras administracións.

Te puede interesar