Prevención de incendios

Os bombeiros de Verín contan cun novo camión

Pablo Pérez e Santiago Villanueva -no centro da imaxe- co corpo de bombeiros de Monterrei.
photo_camera Pablo Pérez e Santiago Villanueva -no centro da imaxe- co corpo de bombeiros de Monterrei.

Dende o 2016, o Consorcio investiu preto de 2 millóns de euros na mellora do servizo desta entidade

Os bombeiros do parque de Monterrei estrenaron onte a súa nova Autobomba Urbán Pesada coa que o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Ourense mellorará o servizo na comarca.  O presidente desta entidade, Pablo Pérez, e o director xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, achegáronse ata as instalacións ubicadas en Verín co obxectivo de presentar este vehículo para o que fixo falta un investimento de 350.000 euros.

A nova autobomba está dotada con equipos de excarceración, de respiración, de rescate -padiolas, arneses integrais, taboleiros espinais e cordas-, cámara de visión térmica, equipo sanitario, de sinalización -megafonía e sirenas-, equipo de intervención contra lume -lanzas, mangueiras e bifurcacións-, e equipo de comunicacións rede TETRA.

Dende o 2016, o Consorcio investiu preto de 2 millóns de euros na mellora do servizo desta entidade destinando dito orzamento á adquisición de novos vehículos, equipamento, reforma e construcións de infraestruturas.

Te puede interesar