SERVIZOS

Caldeliñas viaxará ao pasado cunha nova aplicación móbil

<p></p>
photo_camera Xoel Vázquez, Cristina García Souto, Diego Lourenzo e Gerardo Seoane durante a presentación.
Xa está dispoñible e busca trasladar aos visitantes ao momento de máximo esplendor do balneario

O Concello de Verín vén de dar un paso máis dentro da dinamización turística da vila cunha novedosa aplicación móbil que permite coñecer, in situ, como era, antigamente, o Balneario de Caldeliñas. Time trip Caldeliñas é unha app de realidade aumentada, que foi diseñada pola empresa Xoia Software Developement e que acada reconstruir con animacións en 3D o mítico enclave verinés no seu momento de maior esplendor.

Para presentalo oficialmente, o rexedor, Gerardo Seoane, e o tenente de alcalde da localidade, Diego Lourenzo, achegáronse ata o recuperado balneario na compañía de Xoel Vázquez e Cristina García Souto, director executivo e directora de proxectos de Turismo e Cultura da empresa Xoia. Alí comprobaron o funcionamento desta nova ferramenta que trasladará aos visitantes a outra época da capital do Támega.

Ambos representantes municipais felicitaron aos creadores desta aplicación polo seu "gran traballo". Destacaron, do mesmo xeito, "a grande potencialidade" que ten esta tecnoloxía para "democratizar a cultura e o coñecemento, permitindo a calquera usuario viaxar ao pasado e coñecer de maneira rigorosa, á vez que divertida, enclaves de especial interese histórico mediante o seu terminal móbil".

Esta app xa está dispoñible para a súa descarga en teléfonos e tablets e posibilita unha reconstrucción en tempo real. Emprega un sistema de peanas, recreacións en tres dimensións e completas informacións para teletransportar aos usuarios a distintas estancias e escenas que se viviron no histórico balneario de Verín a comezos do século pasado.

Os responsables do seu desenvolvemento explicaron que o obxectivo que procuran é "traer o pasado ao presente de forma viva, ofrecendo un produto con rigor histórico, que dea un paso máis no entretemento turístico e cultural. Éste supón, ademais, un aforro en custos e mantemento ao reducir a infraestrutura necesaria para musealizar o xacemento ou aumentar o valor engadido da visita aos monumentos da vila".

Te puede interesar