O campamento de Verín cumpre a primeira semana

Unha das actividades nas que participaron os cativos nesta primeira semana.
photo_camera Unha das actividades nas que participaron os cativos nesta primeira semana.

A ludoteca e campamento urbano de Verín vén de concluir a súa primeira semana cun grande éxito de participación e numerosas actividades pensadas para que os máis cativos do entorno aprendan e se divirtan xogando. Os primeiros días estiveron marcados polo bo tempo que animou, todavía máis, as actividades previstas. 
Entre as moitas e atractivas iniciativas que se levaron a cabo nestas xornadas inaugurais incluíronse obradoiros de reciclaxe para concienciar aos cativos da importancia desta práctica e xogos  máis variados e distendidos como o clásico pañuelo ou a bomba. Destacaron, do mesmo xeito, as visitas ao río Támega e tamén unha excursión ao Balneario de Cabreiroá.

Os primeiros días do campamento urbano 2020 desenvolvéronse cumprindo, por parte da organización e dos nenos participantes, con todas as medidas de seguridade que require a pandemia do covid: xeles hidroalchólicos, uso da máscara, disposición de alfombras desinfectantes e a comprobación da temperatura tanto á entrada como á saída.

Te puede interesar