Verán

"Cartoons", un espectáculo de teatro infantil chega a Verín

La cita será en la Praza da Mercé

A Praza da Mercé de Verín será o escenario do espectáculo teatral infantil “Cartoons”, interpretado por Josito Porto e Víctor Mosquera, que ten como eixo central a reciclaxe. 

A actuación -sábado ás 20,00 horas- mostra a historia de Hum e Os. Ao amencer, cando as enganosas luces da mañá nos fan crer que o mundo está a nacer e que todos os soños son posibles, os protagonistas recoñecen o seu mundo de cartón e nel buscan todo o que necesitan para a súa supervivencia e os seus praceres.

A arte poética de converter o lixo en bens de uso diario tamén incide nas tres “R” do ecoloxismo: reducir, reutilizar e reciclar. Así, “Cartoons” fará desfrutar aos máis cativos do espectáculo, pero tamén ao público adulto, nunha viaxe a súa infancia, xa que como din os creadores, “apenas lembran aquela omnipotencia imaxinativa que abandonaron ao rematar a infancia”.

Te puede interesar