A Casa da Cultura de Verín acollerá a proxección das curtas do FIC Vía XIV

Asistentes a una de las sesiones de la última edición del FIC Vía XIV de Verín.
photo_camera Imagen de archivo de una edición postpandemia del festival.
Carlos Montero: "Queremos impulsar e darlle continuidade ao FIC, que xa forma parte da axenda verinesa"

O salón de actos da Casa da Cultura de Verín acollerá o vindeiro 21 de outubro, ás 21,00 horas, un pase especial para a proxección das diferentes curtas que obtiveron premio na máis recente edición do Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV de Verín, que se desenvolveu a principios do pasado mes de setembro na vila do Támega.

Así, no marco desta exhibición, o público de Verín poderá desfrutar dos traballos que resultaron premiados dentro de cada unha das categorías do certame cinematográfico. Na categoría Nova, o traballo gañador foi “The last day of patriarchy” dirixido por Olmo Omerzu, unha coprodución entre a República Checa, Eslovenia e Francia.

Xa na categoría Horizontes gañou “Vol de nuit”, unha curta de 26 minutos de duración de orixe belga e dirixida por Kenan Görgun. E na categoría A Raia levouse o premio a curta “O teu nome é”, un traballo con selo portugués dirixido por Pulo Patricio. 

Finalmente, o Premio Especial do Público recaeu no filme “Rompente” do director Eloy Domínguez, quen está ligado a Verín. Todos estes traballos poderán verse, de novo, en Verín nunha acción que ten como obxectivo “impulsar e darlle continuidade a unha iniciativa cultural como é o FIC Vía XIV, plenamente incardinada na axenda de ocio e lecer da nosa vila”, destaca Carlos Montero, o director do certame. 

Te puede interesar