MONTERREI

O casco vello verinense convertirase nun pasaxe do terror o vindeiro 31

<p></p>
photo_camera Emilia Somoza, diante de parte do decorado da vindeira noite de Samaín.

O argumento escollido este ano é a infección vírica tras un accidente 

O Concello de Verín presentou onte a programación da cuarta edición da "Noite de Medo", que se levará a cabo o día 31 de outubro para celebrar o Samaín na vila verinense. Este ano, o Concello volverá a converter o casco vello nun arrepiante "Túnel do Terror".

O espazo deseñado contará con algúns dos personaxes máis coñecidos do mundo do cinema de terror así como coa ambientación e transformación das propias rúas incluídas no percorrido do túnel, que disporá de efectos especiais, decoración e iluminación específicas. Nesta edición o acceso ao túnel realizarase, a partir das 20,30 horas, desde a rúa da Cruz e percorrerá a rúas do Pozo e Viriato, ata chegar a Praza Maior. As entradas, que terán un prezo de 2 euros, estarán dispoñibles a partir das 18,00 horas no punto de acceso ubicado na rúa da Cruz.

Un accidente dunha furgoneta con cepas de varios virus altamente tóxicos provocan unha fuga da carga nunha rúa de Verín. É ise precisamente o argumento escollido este ano pola concellería de Cultura que dirixe Emilia Somoza como oferta lúdica para tan particular noite de medo. Recoméndase que os menores de 11 anos vaian acompañados dun maior.

O túnel estará formado por varias seccións que recrearán escenas terroríficas repletas de diferentes personaxes que interactuarán cos valentes que se atrevan a aventurarse neste Túnel. Tamén terán que penetrar na zona que emula ao mítico Jurassic Park onde parece que o virus tamén chegará a afectar aos dinosauros.

Te puede interesar