O Castelo de Monterrei acolle este mes a mostra "Apertas e Cambadelas"

Expo monterrei marzo 23
photo_camera Dúas obras do artista. (Foto: C.C.).
A sala de exposicións Hospital da Trindade ofrece unha alternativa cultural aos visitantes

A sala de exposicións Hospital da Trindade do Castelo de Monterrei acolle todos os meses mostras artísticas variadas para ofrecer aos visitantes unha oferta cultural para todos os públicos. Durante marzo, a sala expón a mostra “Apertas e Cambadelas” do artista Carlos Santos, dispoñible ata o 31 de marzo de mércores a domingo.

Este pintor, inquietado pola expresión dos rostros e a linguaxe corporal do ser humano, leva ata Monterrei unha serie de pinturas que deixan ver o seu estilo. É unha das 40 exposicións individuais que realizou Carlos Santos por Colombia, Ecuador e España. No tocante ás mostras colectivas, o autor participou en máis de 60 por España, Nova York, Suiza, Alemania, Colombia e Ecuador. 

Nado en Colombia no 1962, comezou a somerxerse no mundo da pintura en 1985 cunha serie a que chamou “Mirando al tiempo” e dende “esos años siempre me han inquietado estos temas, así como las expresiones dramáticas de los rostros”, sinalou o artista, quen se interesou polo mundo do fútbol. De aí a creación da mostra que se expón en Monterrei, na que Santos trata de amosar que “podríamos abrazarnos todos los días por tantos goles de resiliencia que marcamos”. 

Te puede interesar