Monterrei

Castrelo do Val aposta por certificar os seus montes

Monterrei

Castrelo do Val aposta por certificar os seus montes

Os comuneiros recibiron os parabéns do conselleiro de Medio Rural, José González -segundo pola esquerda-.
photo_cameraOs comuneiros recibiron os parabéns do conselleiro de Medio Rural, José González -segundo pola esquerda-.
Trátase de loitar contra o cambio climático e facer unha xestión forestal eficiente

A Comunidade de Montes de Pepín, en Castrelo do Val, é unha das que aposta pola certificación do seu terreo, unha figura que garantiza a sustentabilidade na súa xestión forestal ao tempo que constitúe un elemento diferenciador. Por este motivo, a agrupación recibiu os parabéns do conselleiro de Medio Rural, José González, que, acompañado do director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luís Chan, achegouse ata Castrelo para intercambiar impresións cos comuneiros. 

O titular de Medio Rural indicou que a certificación forestal ten unha gran importancia neste eido produtivo, xa que incide nunha maior "credibilidade e transparencia" nos procesos de aproveitamento dos recursos do monte. Por este motivo, dixo o conselleiro, "é fundamental promocionar este tipo de garantía tanto nos montes de xestión pública como privada". Nesta liña, González afirmou que unha xestión forestal sustentable "contribúe tamén a mitigar o cambio climático".

"É fundamental promocionar este tipo de garantía, tanto nos montes de xestión pública, como privada", dixo José González

Entre as medidas que está a levar a cabo o Goberno galego a prol dunha correcta xestión do monte atópase, por unha banda, o apoio á realización de plans preventivos de incendios forestais tales como rareos, rozas e podas en masas estables de coníferas e, pola outra,  tratamentos silvícolas e plantacións puntuais de determinadas árbores directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos montes. Trátase de masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras. Tamén se potencia a rexeneración e mellora de soutos de castiñeiros.