Castrelo do Val

Castrelo do Val esixe o arranxo da OU-113 e 114

Algúns dos desperfectos que se poden ver nas estradas polo paso de camións.
photo_camera Algúns dos desperfectos que se poden ver nas estradas polo paso de camións.
Tamén urxen que se reforme un muro ubicado a carón do pavillón

A Corporación municipal de Castrelo do Val deu luz verde á proposta de instar á Xunta a que arranxe os viais OU-113 e OU-114 ao seu paso polo municipio da Comarca de Monterrei. A administración autonómica é a titular destas estradas que, segundo se puxo de manifesto nun plenario celebrado na localidade, presentan numerosos desperfectos que foron ocasionados polo "paso continuo da flota de camións procedentes das obras da alta velocidade". Procurase, dando saída a esta petición, evitar que aumenten os danos e o incremento do risco para a veciñanza usuaria das mesmas. 

O rexedor de Castrelo do Val, Vicente Gómez, explicou que "se pode comprobar este derrame debido ao continuo paso dos camións pola zona. Co tránsito destes vehículos pola estrada, ocasionase que se formen fochancas e desniveis que dificultan o tránsito do resto de usuarios". 

Por outra banda, o alcalde do municipio engadiu que, ademais dos danos sinalados, hai que sumar o desprazamento dun muro e o estrago da beirarrúa a causa do continuo peso que soporta a vía,  pois, explicou Vicente Gómez. A zona atópase nas proximidades do pavillón de deportes. A Corporación esixiu á Xunta "que se faga responsable da situación con urxencia".

Te puede interesar