Monterrei

Unha cativa de Verín gaña o premio “A man culpable"

O obxectivo da iniciativa foi concienciar aos mozos da vila do efecto que provoca a acción humana no entorno.

O concurso de relatos "A man culpable", organizado polo Museo Claustro Mercedario e polo Concello de Verín, xa ten gañadora: Emily Prieto Villarino, de 15 anos de idade e alumna de cuarto curso  da ESO do Instituto Castro de Baronceli. O obxectivo da iniciativa foi concienciar aos mozos da vila do efecto que provoca a acción humana no entorno.

O relato gañador conta a historia dunha troita que vive no río de O Navallo, no Concello de Riós, e, dende a súa mirada, explica como viviu unha vertedura de lixivia ás augas do caudal. A consecuencia deste acto e moi ao pesar dos veciños, o río deixou de albergar vida. 

No concurso estaban chamados a participar os cativos dos centros educativos da comarca de entre 8 e 16 anos. Os responsables resaltaron "a gran cantidade de relatos recibidos, a súa calidade e, sobre todo, o nivel de concienciación que teñen os máis pequenos da vila, que xa crecen coa responsabilidade de saber que deben loitar no día a día por coidar o noso entorno". Emily Prieto recibiu unha cámara Canon como agasallo.

Te puede interesar