Dos médicos y un enfermero en el renovado centro de salud de Riós

photo_camera Gabriel Alén, delegado territorial de la Xunta en Ourense, visitó el centro de salud de Riós este miércoles para conocer el estado de las obras de mejora que se realizaron en el lugar.
Gabriel Alén: "Dende o 2009, a Xunta de Galicia construíu ou acondicionou un total de 111 centros de saúde"

A renovación da cuberta do centro de saúde de Riós xa finalizou, polo que os seus traballadores e usuarios xa dispoñen da instalación mellorada. Así o corroborou Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta, quen acompañado de Pepa Rodríguez, subdirectora de enfermería de Atención Primaria da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, e Eva Barrio, alcaldesa de Riós, visitou o centro médico. 

Alí, os dous médicos e o enfermeiro amosaron as melloras do lugar e tamén detalles pendentes de arranxar. Para este primeiro acondicionamento, o orzamento executado foi de 48.000 euros, froito dun convenio de colaboración entre Xunta de Galicia e Concello de Riós. O 50% do diñeiro púxoo a Consellería de Sanidade, mentres que a outra metade, correspondente ao Concello, foi dada pola Deputación de Ourense. O ente municipal foi o encargado de levar a cabo as actuacións necesarias para a correcta execución das obras. 

Nesta actuación reparouse a cuberta, mellorando o illamento térmico e a impermeabilidade e seguridade do edificio. “A cuberta do centro de saúde presentaba graves deficiencias provocando humidades na planta destinada as consultas”, salientou Alén. Tamén se automatizaron a apertura das fiestras das consultas, así como o equipamento do centro con cadeiras novas e estantes nas consultas. 

Na visita, o delegado territorial puxo en valor a colaboración cos concellos para o mantemento dos centros “incrementando no orzamento de 2023 o apoio a estas entidades locais con 2,6 millóns de euros, un 8% máis. E dende o 2009, o que atinxe á renovación de infraestruturas de Atención Primaria, a Xunta construíu ou reformou un total de 111 centros de saúde”, aplaudindo tamén o traballo dos facultativos deste centro, que atenden unhas 1.600 cartillas. 

Pola súa banda, Eva Barrio anota que “falta unha parte do tellado, da cuberta plana, pola que segue entrando auga, pero xa estamos buscando financiamento nas administracións, xa que nós non temos capacidade para afrontar estas actuacións”. 

Te puede interesar