Chegan a Verín os equipos para a valoración da dependencia

A Consellería de Política Social traslada equipos de valoración da dependencia a seis comarcas da provincia de Ourense para recortar os tempos de agarda

A Xunta de Galicia comezou este luns o traslado de equipos de valoración da dependencia a diversas comarcas de toda a provincia de Ourense, entre as que se atopa a área de Verín, para, así, reforzar o traballo dos servizos sociais de cada zona e tratar de reducir o tempo de agarda das peticións das persoas que soliciten facer uso deste servizo. 

Esta iniciativa da Consellería de Política Social levarase a cabo de xeito piloto durante un período de seis meses e que, en función do impacto  e desenvolvemento que teña na comarca do Támega, poderá ser prolongado por máis tempo.

As persoas que teñan solicitada unha valoración de dependencia serán citadas a través do teléfono 012 -servizo de Atención e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia- con anterioridade. Ademáis, a Consellería de Política Social fai fincapé en que tan só terán que acudir á oficina de valoración aquelas persoas cuxa mobilidade lles posibilite o desprazamento sen inconvintes.
En canto o resto de usuarios, serán valoradas no seu domicilio, trasladándose ata alí o persoal correspondente dos equipos de valoración da dependencia.

Áreas de intervención

Este proxecto piloto, cuxa intención é recortar o tempo de agarda, chega a diversos puntos da provincia de Ourense. Deste xeito, situarase un equipo permanente en cada área xeográfica que atenderá a todos os concellos da súa zona. 

Os puntos de referencia, ademais de Verín, serán Celanova, O Barco de Valdeorras, Xinzo de Limia, O Carballiño e Ourense. Pola súa parte, os veciños da área xeográfica de Maceda poderán trasladarse ao Concello de Ourense para poder facer uso deste servizo do Goberno galego. 

Te puede interesar