Cine

O Ciclo Mestre Mateo continúa o domingo en Verín con “Malencolía”

O Concello de Verín continúa coas proxeccións do Ciclo Mestre Mateo. A próxima cita é este domingo, ás 19,00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura coa proxección do filme “Malencolía”. 

Esta peza, de Alfonso Zarauza (Ons), mestura terror e comedia para contar a historia dunha parella galega que, tras 10 anos vivindo en Berlín, decide dar un novo rumbo á súa vida regresando a Galicia. Con ese obxectivo, comprarán unha casa nunha aldea que consideran abandonada, pero na que vive unha señora coa que manterán unha estraña relación. Esta obra obtivo dous galardóns nos Premios Mestre Mateo á mellor interpretación de reparto: Diego Anido e Iolanda Muíños.

O Ciclo Mestre Mateo é un circuíto de cinema impulsado pola Academia Galega do Audiovisual ao que se sumou o Concello de Verín, e que se prolongará ata novembro de maneira gratuíta.

Te puede interesar